A Biblioteca Municipal oferta un completo ciclo de actividades.

 

A Biblioteca Municipal de Verín celebrará o día Internacional da Biblioteca (24 de outubro) cun completo ciclo de actividades de contacontos, manualidades, talleres, conferencias e presentacións de libros durante todo o mes.

As actividades dan comezo este 2 de outubro con “Ti tamén chegarás a vello”, actividade interxeracional de contacontos e manualidades, para socios da instalación con idades entre 3 e 9 anos e os seus avós.

O 9 de outubro chegará o contacontos e manualidades  «Contos do pavo real»,tamén dirixida a cativos de 3 a 9 anos.

O 16 de outubro, o doutor Manuel Mandianes ofrecera unha conferencia baixo o título «A traxedia da Emigración». Será ás 19:30 horas con entrada libre. As conferencias  continuarán o día 21, con «O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega»,  a cargo de Miguel Losada da Sociedade Antropolóxica Galega.

O propio Día da Biblioteca, o 23 de outubro, celebrarase con sesión de contacontos e manualidades para socios. Os pequenos tamén poderán participar nun obradoiro de cabazas de Samaín os días 27 e 28. É preciso inscrción previa e ir acompañados por un adulto.

O día 29 a Biblioteca acollerá a presentación da obra «Amigo medo», do autor Javier López Rodríguez, ás 19:30 horas.

As actividades rematan o día 30 coa celebración do Samaín, con contacontos e manualidades.

As actividades de fomento á lectura con menores de 3 a 9 anos adiántanse no horario, pasando a ser das 17:00 ás 18:30 horas. As inscricións poderán realizarse, coma sempre, na biblioteca, por telefono ou por correo electrónico (biblioteca@verin.net).