Terá lugar os días 10, 12, 17 e 18 de novembro, e a inscrición pode facerse na oficina de Servizos Sociais do municipio.

Durante os días 10,12,17 e 18 de novembro, de 16 a 18 horas, a Casa da Xuventude de Verín acollerá un curso de formación, impartido por Afaor (Asociación de Alzhéimer de Ourense), para coidadores non profesionais de persoas con dependencia enfermos de alzhéimer e outras demencias.

Devandito curso está organizado pola Federación Alzhéimer de Galicia, a Xunta de Galicia e AFAOR, coa colaboración do Concello de Verín e ten coma obxectivos achegar formación e información básica ás familias coidadoras de enfermos con alzhéimer e outras demencias para afrontar os coidados; dar aos coidadores formación específica para cada demencia e ofrecer respostas concretas ás dúbidas diarias do proceso de coidado.

Os interesados en recibir máis información ou inscribirse poden facelo na oficina de Servizos Sociais ou no 988 41 47 76.