O domingo 8 de novembro celebrarase en Velle a I andaina «Serra Mosteironda» a partir das 9.30 h.

A Asociación de Veciños de Santa Marta de Velle organiza esta primeira anadaina que terá dúas distancias. Unha curta de 10 quilómetros, e outra máis longa, de 15.

Preto de 150 persoas están inscritas nesta primeira edición que discorrerá polos lugares máis emblemáticos de Velle. Mende, Santomé, Tibiás, Oira e Serra Mosteironda serán lugares por onde pase a andaina.

A saída e chegará estarán ubicados en O Palao (Velle). Haberá dous avituallamentos durante o percorrido e ao rematar a proba haberá un aperitivo e unha camiseta conmemorativa para todos os participantes.

A organización, para ter todo perfecto para o participante, estiveron limpando os camiños que tiñan maleza. os propios organizadores estiman a duración en tres horas e media para a proba de 15 quilómetros.