O Ourense Envialia e o Cidade das Burgas xogan a última xornada de Liga antes do parón polo Mundial de Guatemala de fútbol sala.

Ourense Envialia
O Ourense Envialia que sufriu un traspés a pasada fin de semana na cancha do Alcorcón quere resarcirse da derrota e volver a sumar os tres puntos.

Diante terá ao Poio, equipo que marcha oitavo con nove puntos tras tres vitorias e catro derrotas. O Envialia, pola súa banda, é quinto con 15 puntos.

As xogadoras dirixidas por Chipi buscarán tres puntos máis que lles permitan chegar ao parón nos postos altos da clasificación. O rival, a pesar de ser complicado (non hai rival fácil), baixa moito as súas prestacións cando xoga de visitante.

Cidade As Burgas
O equipo dirixido por Manolo Codeso ten un desprazamento complicado a terras navarras para xogar contra o Orvina. A estas alturas de competición, ourensás e navarras loitan polo mesmo obxectivo: saír dos posto de abaixo.

O Cidade está dous puntos por enriba (sete puntos, por cinco do Orvina), polo que será unha boa ocasión, en caso de vitoria, de por terra de por medio cun rival directo.

As franxiverdes buscarán tres puntos que as deixen na zona tranquila antes do parón de casi un mes pola cita mundialista.

Segunda División B
En canto á 2ªB masculina o Sala Ourense visita ao Xove. O equipo lucense venceu en pretempada aos ourensáns na Copa. O sala Ourense sácalle tres puntos na clasificación (10 puntos ten o Sala Ourense por sete do Xove).

O outro conxunto ourensán da categoría, os valdeorreses do Pizarras Los Tres Cuñados reciben en casa (sábado, 18 horas, Calabagueiros) ao Guardo. Os ourensán aventaxan en dous puntos aos palentinos.