Inclúen sesións de microconsultoría para os comerciantes que forman parte de compraencelanova.com.

O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez promoven este xoves 12 de novembro unhas xornadas de portas abertas na Praza de Abastos da vila. A iniciativa consistirá nunhas sesións de microconsulutoría para comerciantes, de 18 a 19.30 horas, así como a presentación do libro “Y ahora, ¿vendemos o qué?” de Jesús Huertas Duque, ás 20 horas.

O autor da obra, que é tamén socio director de Huertas Consulting, ofrecerá de xeito gratuíto aos establecementos que forman parte de compraencelanova.com microsesións de consultoría de 15 minutos nas que tratar os temas máis importantes ou que máis lle preocupan sobre o seu establecemento comercial, negocio ou empresa.

Os interesados en participar deberán enviar un correo electrónico a compracelanova@gmail.com indicando no asunto a palabra “consultoría”, antes do mércores 11 ás 14 horas. Os establecementos seleccionaranse de entre todos os correos electrónicos recibidos por riguroso orden de chegada, e a cada un deles asignaraselle un tempo de 15 minutos entre as 18 e as 19:30 horas do xoves.