Unha nova vitoria da Unión Deportiva Ourense no estadio do Couto. Nesta ocasión diante do Coles (6-0).

O problema non é en casa. Os homes de Antonio Dacosta volveron a golear como locais. Diante tiñan a un Coles que fixo todo canto poido para non saír goleado. Pero os 90 minutos nun campo coma o Couto é complicado aguantalos a un bo nivel físico.

Aos 18 minutos Otero xa colara o balon na portaría contraria coa axuda dun defensor; 1-0 e o encontro que comezaba a encarrilarse. En menos de 10 minutos Xaco e de novo Otero poñían o 3-0 antes da media hora de partido.

Roberto Dacosta estaba a realizar un gran partido sendo participe nos tres primeiros goles. No cuarto foi él quen o materializou. Dacosta desfíxose na área de cantos xogadores se lle puxeron no camiño e lograba batir por raso ao porteiro rival (4-0).

Julio Salgado, que entrara no terreo de xogo no minuto 54 en substitución de Senén, foi o que redondeu a goleado. Primeiro nun man a man co porteiro e o segundo nunha balón que ninguén logrou a despexar e o dianteiro introduciuno na rede.

Con esta vitoria os unionistas son sextos con 19 puntos a sete dos dous primeiros postos. Colíderes son Santa Teresita e Amoeiro, ambos con 26 puntos.

Feminino
O equipo feminino de Segunda Galega non tivo piedade co Balaídos e goleouno por 17-0. As pupilas de Rubén García manteñense na primeira posición con 27 puntos. A sete o segundo clasificado o Tyde, aínda que cun partido menos.