O 100% dos expositores que participaron na primeira edición da Feira de Outono de Verín volverían participar na mesma. Todos eles están moi satisfeitos polas vendas realizadas.

Tamén hai que destacar a gran acollida que tiveron as charlas formativas entre o público asistente á feira. Segundo Purificación Caldelas “moitos foron os cidadans que se achegaron a pedirnos, que desde o concello, se programaran  máis cursos formativos dedicados a actividades rurais”.

En canto ás actividades infantís, máis de 60 nenos/as pariciparón nas xornadas de manualidades e no showcooking.

Os datos ofrecidos polo reconto dos tickets do sorteo, que se entregaban con cada compra realizada nos postos da feira, estiman a asistencia de, aproximadamente, unhas 5.000 persoas durante os dous días de celebración (14 e 15 de novembro).

Segundo a concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, “baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que a totalidade dos enquisados (20 dos 23 postos expositores)  están moi satisfeitos coas vendas, e a promoción que a mesma aportou ao seu negocio, e volverían participar no evento”, explicou Caldelas.

Máis eventos
Os expositores enquisados reflexaron nunha folla de suxerencias a necesidade de organizar máis eventos deste tipo e tamén a posibilidade de aumentar o número de actividades lúdicas, dentro e fóra da carpa, para dinamizar o entorno da feira.