A segunda edición deste festival solidario terá lugar o 2 de xaneiro, ás 20 horas, no Café Cultural El Pueblo.

 

Esta iniciativa, ideada a favor do Banco de Alimentos de Ourense, permitirá gozar aos asistentes dunha jam session con versións de grandes bandas da historia do rock e o metal. Na cita participarán altruistamente un gran número de músicos, principalmente ourensáns.

A entrada mínima serán 2 quilos de alimentos non perecedoiros. Todo o recada será doado a esta entidade benéfica para contribuir co seu labor.