DO e PSOE xa presentaron as  mocións que levarán a debate na primeira sesión do ano.

O próximo 8 de xaneiro o Concello de Ourense acolle o seu primeiro pleno ordinario de 2016. Para a cita xa foron presentadas cinco mocións de dous grupos da oposición: Democracia Ourensana e PSOE.

Democracia Ourensana

DO solicitará que o Goberno Municipal facilite o acceso á práctica deportiva dos nenos en risco de exclusión social. Para iso, piden que se establezca unha partida orzamentaria para que dende o Consello Municipal de Deportes, baixo a dirección da Concellería de Asuntos Sociais, se asignen bolsas dirixidos a estes cativos (coas que facer fronte ao custo do carnet de socio, cursiños, asistencia a eventos deportivos, etc.) e que os clubes, escolas e asociacións subvencionadas polo Concello, adiquen unha parte do seu presuposto á creación de plazas deportivas exentas de cuotas para os mesmos. Tamén demandan a creación  dun banco de material deportivo para este colectivo.

Ademais, o  partido de Gonzalo Jácome  debaterá en pleno a migración a Software Libre dos  postos e servizos informáticos existentes, dentro das necesidades e requerimentos de cada departamento; así como o uso de estándares abertos en toda comunicación coa cidadanía (web, documentación, procedementos, etc.), e a nivel interno sempre que sexa posible.

PSOE

Pola súa banda, o PSOE instará ao Goberno Municipal a proceder á elaboración urxente dun Plan Estratéxico Municipal para a chegada do AVE a Ourense, por parte dos distintos partidos que forman a corporación; e unha vez redactado deberá ser trasladado aos axentes económicos e sociais da cidade a través da Comisión Municipal para a Integración do AVE (aínda sen constituir).

Así mesmo, os socialistas demandarán queo local da Unidade de Saúde Mental da Ponte sexa cedido para uso como anexo ao centro cívico do barrio, permitindo o desenvolvemento dun maior número de actividades e reducindo as listas de espera nas mesmas por parte dos veciños.

Por último, tamén levan a debate a instalación, á maior brevidade, de redutores de velocidade na Carretera de A Granxa, para evitar o incremento dos accidentes acontecidos nos últimos anos na zona.