Trátase dun tramo de 10,7 quilómetros entre Requejo (León) e A Veiga de Cascallá (Ourense).

 

O Partido Popular de Ourense celebra o anuncio do Ministerio de Fomento de Licitación do contrato de servizos para a redacción  do proxecto de construción da autovía A-76 Ponferrada-Ourense do tramo Requejo (León) – A Veiga de Cascallá (Ourense). O anuncio foi publicado na web da Plataforma de Contratación do Estado con data 30 de decembro de 2015  e será publicado de inmediato no BOE.

O deputado nacional Celso Delgado valora especialmente o cumprimento do compromiso explicitado pola ministra Ana Pastor de que este tramo sería licitado antes de que concluíse 2015.

Compromiso concretado tamén nos orzamentos do Estado, como o acredita que para este novo tramo contémplanse 500.000 euros nos PGE para 2016.

O tramo que se saca agora a licitación ten unha lonxitude aproximada do tronco de 10,70 Km, unha ligazón coa estrada N-120 e de acceso a Biobra, e contará con 10 viadutos, tres túneles e dous falsos túneles.

O prazo fixado para a redacción do proxecto é de 18 meses a partir da firma do contrato. E o orzamento para a licitación dos traballos ascende a 2,9 millóns de euros.