Cabalgata de Reis

As Súas Maxestades multiplicáronse para atender as peticións dos cativos de toda a provincia. Con galería de imaxes.

Quizais grazas á “maxia” das Súas Maxestades, a choiva deu unha tregua durante á tarde, e permitiu, alomenos en Allariz, gozar da cabalgata. Eran catro as carrozas da comitiva: unha coa estrela, e outras tres con cadanseu rei: Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados cada un cunha ducia de paxes. Ducias de alaricanos realizaron con eles o percorrido entre a Alameda e o pavillón do instituto, onde tiñan previsto recibir as peticións dos pequeño desde as sete da tarde.

En Xinzo da Limia xa foran previsores e habilitaran o pavillón de deportes para realizar a recepción aos Magos de Oriente. Contra as seis da tarde preto de 700 persoas, entre cativos e grandes, agardaban no recinto a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar. Previamente, cursaran visita ao centro de día, o centro sociocultural e a residencia da terceira idade da localidade. No recinto deportivo escoitaron as peticións de nenos e nenas e agasalláronos con caramelos. A organización tiña previsto repartir 12.000 doces. As atraccións de Limialandia completaron unha tarde lúdica e especial para a rapazada limiá.

{source}
smartslider3[3]
{/source}

En Celanova, os Reis Magos tampouco se esqueceron de saudar os anciáns da residencia da vila, e logo citáronse no claustro do Mosteiro para atender aos cativos. Foron moitos os pais e nais que non deixaron pasar a ocasión de inmortalizar os seus pequenos xunto ao seu rei preferido.  Unha banda de música amenizou a velada.

En Verín, as Súas Maxestades chegaron ás cinco da tarde a cabalo á Casa do Escudo. Desde alíe desfilaron xunto á súa comitiva composta por nenos disfrazados de pastores, anxos e estrelas ata o pavillón dos deportes, que estaba cheo de familias, onde se celebrou a Gala de Reis.