Un varón de 27 anos negouse a facer a proba de alcoholemia tras un accidente de tráfico e unha muller de 46 causou altercados en varios locais do centro da cidade. Ambos intentaron agredir aos axentes que se personaron no lugar.

 

Este domingo, ao redor das 10 da mañá, a  Policía Local de Ourense recibiu un aviso dun accidente de tráfico no cruce entre as rúas Mateo de Prado e Bispo Cesáreo. Os axentes que se achegan ao lugar instrúen o atestado do sinistro e proceden a realizarlle a proba de alcoholemia ao condutor que o produciu, ó colisionar con dous vehículos que estaban estacionados. O home, de 27 anos e veciño de San Cibrao das Viñas, negóuse a facer a proba e reaccionou de maneira violenta, empurrando a un policía e agredindo a outro, polo que se procede á súa detención.

Pola súa banda, o sábado, sobre as 8 da mañá, unha patrulla foi alertada de que unha muller (de 46 anos e natural de Rusia) estaba increpando aos clientes e persoal dunha cafetería da rúa Florentino Cuevillas. Os axentes lograron que abandonase o local, pero unha hora despois producíuse un novo aviso, esta vez dende un bar da avenida da Habana. Cando os policías se achegan ao local comproban que a muller estaba  sangrando e testemuñas do acontecido explican que instantes antes raiara cun cristal o escaparate dunha tenda de lencería próxima e intentara salpicar coa súa propia sangue aos clientes do establecemento no que se atopaba naquel momento, así como dando patadas a mesas e sillas. Coa chegada dos axentes, a muller intenta agredilos cun trozo de cristal, polo que proceden á súa detención. A detida precisou atención sanitaria pola ferida que presentaba.