Estará dotado cun premio de 1.200 euros.

 

O Concello de Ourense convocará un concurso para a selección do cartel anunciador das festas do Entroido 2016, que se celebrarán o vindeiro mes de febreiro. A Concellería de Cultura ultima as bases da convocatoria, coa que prevé estimular a participación de creadores e deseñadores que desexen presentar propostas para anunciar estas tradicionais festas. O cartaz deberá incluir o lema do Entroido da cidade: “Ourense, Capital do Entroido”.

O concurso estará dotado cun primer premio por importe de 1.200 euros

As bases do concurso serán aprobadas próximamente en xunta de goberno local. Publicaranse na páxina web do Concello e se abrirá un prazo de 10 días naturais para a presentación de propostas.

Poderá participar calqueira persoa física ou xurídica, presentando o seu deseño, de formato vertical e unhas dimensións de 50×70 cenímetros. Presentaranse a través do Rexistro Xeral (Casa do Concello, na Praza Maior), nun sobre onde figure “Concurso carteis Entroido 2016” e debaixo un pseudónimo ou lema. Dentro deste irá un sobre pechado, no que figure, por fóra, o mesmo lema e pseudónimo e, no interior, os datos de identificación, enderezo e teléfono do autor. Só se abrirá o sobre da obra que resulte premiada.

O xurado valorará os traballos tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística e o fallo farase público a través dos medios de comunicación e nas páxinas web do Concello e da Concellería de Cultura.