Segundo os socialistas esta medida perxudica aos comerciantes, que ademais non foron consultados.

 

No pasado pleno do 8 de xaneiro, a través dunha moción de urxencia, o PP da Veiga decidiu unilateralmente trasladar os días de feira que coinciden a festivo ao día seguinte.

Foi o PSdeG-PSOE quen no ano 2007 decidiu que as feiras da Veiga que se celebran os días 9,17 e 29 de cada mes, fosen ou non festivos, xa que ata os anos setenta así era, pero por motivos relixiosos decidiron trasladalos ao día seguinte.

“O equipo de goberno do PP retrotrae esta situación aos anos 70 e faino por capricho”, denuncian os socialistas, que consideran que esta determinación perxudica aos comerciantes do municipio xa que veciños e visitantes teñen maior facilidade de acudir á feira en día festivo. Os comerciantes, ademais, quéixanse de non ter sido consultados.

Como consecuencia, dende o PSOE solicitarán ao equipo de gobernó que “recapaciten, pregunten aos veciños e comerciantes e rectifiquen polo ben da maioría”.