Obra de teatro

Enmarcada dentro da proposta de artes escénicas para escolares de Afundación.

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Ourense coa obra de teatro en inglés «Alice» da compañía Blue Mango Theatre. A función, basada no clásico de Lewis Carroll, conta as aventuras da pequena Alice na súa viaxe por un lugar cheo de extravagantes  e divertidos personaxes cos que aprenderá as tradicións do mundo anglosaxón. «Alice», á que asistirán máis de 2.000 nenos e nenas, representarase en dous pases, ás 10 e ás 12 h., os días 18 e 19 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense.

As vindeiras citas escénicas, para as que xa reservaron praza un total de 14.000 escolares, terán lugar os días 11 e 12, 15 e 16, e 29 de febreiro coas obras «Cousas de 4», «Aurora» e «Rodarirrodari», respectivamente; o próximo 4 de abril con «Estamos no verán», unha obra que combina baile, música e teatro para que os máis pequenos o pasen en grande, e por último, do 18 ao 20 de maio, a actuación do exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que co seu espectáculo «15 primaveras» porá o punto final ás actividades.