Aula CeMIT

O ano pasado realizáronse 64 actividades con preto dun milleiro de horas formativas.

O balance 2015 da aula CeMIT do Concello de Celanova arroxa un total de 112 novos usuarios,  que sumados aos que xa había, fan un total de 825. Dos usarios o 42% son homes e un 58%mulleres, cunha media de idade de 43 anos. Deles o 32% non ten coñecementos no edio da informática e das novas tecnoloxías, un 30% ten coñecementos moi básicos, un 35% con coñecementos a nivel usuario e só o 3% dos usuarios ten coñecementos avanzados.

O ano pasado impartíronse na aula CeMIT 64 actividades formativas, entre cursos, charlas, seminarios e videoconferencias as que suman un total de 913 horas formativas de diversa temática e niveis, dende “Iniciación á informática” ata “Desenvolvemento de páxinas web con WordPress e Blogger”, pasando por “Cursos de informática para a mocidade”, “Enredos na Rede” para os máis cativos, “Ofimática en Software Libre”, “Edicción de imaxes e video”, “Seguridade TIC”, “Contabilidade para pequenas e medianas empresas”, “Aprender a xestionar correctamento os Smartphones”, “Redes Sociais” e a “Comunicación en tempo real”. A

A través de videconferencia, os usuarios celanoveses puideron asistir aos seminarios “Marketing de atracción. Deixade que os turistas se acheguen a min”,  “Potencia a web do teu establecemento turístico”, “ Desenvolvemento de aplicacións con Angular.js”, “A terceira plataforma tecnolóxica; cloud, mobilidade…” que tiña lugar no CDTIC de Santiago entre outras. Tamén ofreceron oportunidades para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) mediante probas presenciais convocadas por AMTEGA.

A instalación tamén dispón dun horario de aula aberta na que está á disposición dos usuarios para estudar, traballar, pasar un intre de lecer ou resolver dúbidas tecnolóxicas que poidan xurdir.

 A aula CeMIT conta con Facebook, Twitter e blog, ademais da páxinas web oficial da Rede CEMIT, dende os que se fan a publicidade das distintas actividades o longo do ano. Para estar ao día os interesados poden seguila nas redes sociais ou proporcionar un e-mail a través do cal farán chegar as novidades da aula.