Parque na rúa Fonte do Sapo

O Concello de Verín finaliza o acondicionamento dun novo parque con zona infantil e maquinaria biosaludable para maiores situado na rúa Fonte do Sapo.

O tenente de alcalde do Concello de Verín, Diego Lourenzo,  quixo recalcar  que “con esta actuación damos resposta a unha demanda do barrio e, ao mesmo tempo cubrimos unha carencia da zona”.

Para a posta en marcha deste espazo, o Goberno local investiu un total de 9.981 euros, cos que se dotou ao parque dunha mesa -con dous bancos- de pedra, catro bancos de madeira de cores, oitenta metros cadrados de chan de caucho, balaústres metálicos de cores e instaláronse tres xogos, que fomentan o desenvolvemento de habilidades como o abalo, o deslizamiento, o equilibrio e a socialización, todos eles, sometidos ás inspeccións obrigatorias para a súa homologación e certificación de seguridade da área infantil.                 

Beirarrúas

A actuación complétase coa adecuación de varios tramos de beirarrúa situados ao longo da rúa Fonde do Sapo.  “Esta rúa levaba anos con varios tramos das súas beirarrúas sen rematar, con esta actuación queremos cumprir cunha vella petición dos veciños”, explicou Diego Lourenzo.

Lourenzo avanzou que “ao acondicionamento deste parque, sumarase, proximamente, a remodelación doutras dúas áreas situadas na rúa Cancelón, co obxectivo de adaptarse ás  necesidades que solicitan dos/as veciños/as”.