Barrios Deportivo 133

Neste número, o 133 do Barrios Deportivo, falamos de «Deporte sen tregua». O derbi ourensán do fútbol sala decantouse do lado do Cidade As Burgas; o COB deu un recital na Coruña e a UDO que venceu con moitos apuros ao colista, Palmés.

Tamén sacamos en portada a Iván Feijoo. O ciclista do CC Maceda vén de proclamarse subcampión de España en ciclocross. Feijoo acudirá ao Mundial de Zolder.

En rugbi, tanto o Campus Ourense -Primeira Territorial- e o Keltia Ourense -Segunda- remataron a primeira volta contando os seus partidos por vitorias.

A terceira xornada da Liga de salvamento acuático disputouse en Ourense logrando os ourensáns Ecequiel Quiroga e Andrea Bello mínimas para o campionato de España.

Atletismo, artes marciais, voleibol, xadrez e moito máis no número 133 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí