Respecto ás Festas do Entroido, o subdelegado do Goberno, agarda que esta importante celebración “siga a servir de exemplo de comportamento festivo cívico e cordial”.

O Concello de Xinzo de Limia acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e Tenente de Alcalde do concello de Xinzo, Manuel López Casas, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 6 de febreiro de 2015, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade que afecta aos concellos de Xinzo da Limia, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás e Vilar de Santos.

Os datos que reflicten as estatísticas amosan una tendencia á baixa tanto no cómputo de faltas como de delitos en 2015. A falta dos datos definitivos, que en breve fará público o Ministerio do Interior, constatouse un descenso do 11% no número de infraccións penais rexistradas no ano 2015 con respecto ao ano anterior.

Trala avaliación dos datos estadísticos, na reunión tamén se abordou o dispositivo de seguridade que se vai por en marcha nas Festas do Entroido; que se concretou nunha planificación detallada de efectivos e medios, debidamente coordinados para que as actividades programadas dentro destas celebracións se desenvolvan con normalidade.