Maioría de mulleres no Comité Executivo e no Comité de Dirección do Partido Popular ourensán

Baltar, reelixido presidente do PP de Ourense

Manuel Baltar foi reelixido presidente do Partido Popular de Ourense no XVII Congreso Provincial que esta formación política celebrou no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense. Manuel Baltar inicia así o seu terceiro mandato ao fronte dos populares ourensáns, unha elección na que acadou o 95,66 % dos votos emitidos por un total de 889 compromisarios que participaron na votación.

No seu discurso, Baltar quixo que as súas primeiras palabras fosen para Ourense, unha provincia da que dixo “é internacional, ten discurso, é líder, non ten complexos, é ambiciosa de seu e con grandes retos por conseguir”. Neste sentido, destacou “o Ourense da planificación, do camiño conxunto, da política real e o Ourense de vangarda”, “un Ourense –afirmou- que non é unha illa, que vive e respira tendo en conta o contexto internacional e que ten criterio propio ante os acontecementos, porque desde aquí conseguimos innovar e poñer en valor o noso proxecto de “provincia intelixente” no que estamos a traballar para gañar o futuro”.

Manuel Baltar destacou: “a nosa forza é a estabilidade, a solidez. Momento para a cooperación e para a confianza, engadindo en clave nacional que en Ourense “tamén apreciamos a necesidade inmediata de formar un goberno en España que teña auténtica solidez”.

Baltar destacou ademais os logros do PP de Ourense afirmando que foi esta formación a que estivo sempre en todas as convocatorias electorais entre os 5 mellores resultados porcentuais das 52 circunscricións electorais de España; e a primeira formación política en España en presentar os seus 92 números uno ás eleccións locais; como tamén a organización política que en España fixo nos tres últimos anos 72 congresos locais, ou a que máis xuntas directivas celebrou neste tempo.

O presidente do PPOU destacou que nos presentamos “para gobernar e para construír, en positivo. Non para que nos gobernen outros. Facémolo para resolver, imaxinar e para facer Ourense. Por iso pediu un recoñecemento para alcaldes alcaldes, alcaldesas, concelleiras e concelleiros, motor da nosa formación e verdadeiro activo do PP de Ourense. Nada sen eles. Todo con eles”.

O congreso do PPdeG, en Ourense

A clausura desta cita estivo a cargo do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, quen iniciou o seu discurso felicitando a Manuel Baltar non só por revalidar a presidencia dos populares ourensáns, senón tamén “por presidir un partido gañador e moi activo”. Neste sentido, anunciou que o próximo congreso do Partido Popular de Galicia celebrarase en Ourense.

O presidente dos populares galegos advertiu que cómpre seguir facendo sempre autocrítica “procurando a confianza dos galegos, abríndose á xente, demostrando que entendemos o que nos piden”. Non vale de nada, subliñou, ser o primeiro partido se despois non podemos gobernar.

Andrea Levy

En representación do PP nacional, o congreso contou coa presenza de Andrea Levy, vicesecretaria de estudos e programas da formación. Diante do plenario, reivindicou a figura dos afiliados e simpatizantes como a alma do Partido Popular, a súa forza, “por iso lévome deste congreso a súa lema: Ourense ten forza”. Levy, en clave nacional, criticou o sectarismo doutros partidos fronte ao PP, que foi o gañador das eleccións xerais, “a forza preferida dos españois, polo que fai e o que sabemos facer e que en congresos como o de Ourense revitaliza os seus valores e principios”.

Comité Executivo maioritariamente feminino

Durante o XVII Congreso Provincial do PP de Ourense, Baltar deu a coñecer  a lista das persoas que integrarán o novo Comité Executivo do partido, que contará novamente –como xa acontecera no anterior congreso de 2013- con maioría feminina entre os seus membros, en concreto un 51 %. Desta maneira, o PP de Ourense volve ser o primeiro partido de España no que acontece esta circunstancia, e aínda máis, xa que nesta ocasión tamén o Comité de Dirección do PPOU estará integrado maioritariamente por mulleres (8 fronte a 7 homes).

Con respecto ao Comité Executivo de 2010, a renovación sitúase no 33 %. Nos seis anos de presidencia de Manuel Baltar ao fronte do Partido Popular de Ourense a renovación deste órgano foi total. Así, xunto a Baltar Blanco formarán parte deste órgano Rosendo Fernández, como secretario xeral, Jorge Pumar, como vicesecretario xeral, Pablo Pérez como secretario de Organización e C

Serán coordinadores de Comisións Sectoriais Marisol Díaz Mouteira; de Política Nacional Miri Barreira Diz; de Política Autonómica  Miguel Ángel Santalices Vieira; de Capital da Provincia Jesús Vázquez Abad; dos Sectores Productivos e Emprego Miguel Ángel Viso Diéguez; de Estudos e Programas Luz Doporto; de Participación Ana Belén Vázquez Blanco; de Transparencia  Mónica Mourelo; de Igualdade María Antonia Rilo Veiga, de Comunicación  Fernando Rodríguez Méndez; e de Mocidade Jackeline Elisabeth Fernández Macías.

Asemade, os novos vicesecretarios son Juan Manuel Jiménez Morán, Moisés Blanco Paradelo, Antonio Pérez Rodríguez, Plácido Álvarez Dobaño, Luciano Rivero Cuquejo, Francisco José Fernández Pérez, Carmen Leyte Coello, Chelo Vispo, Manuel Doval Soto, Argimiro Marnotes, José Luís Ferro e Manuel Pedro Fernández.

As Secretarías Executivas estarán a cargo de César Fernández (Estudos e Pensamento Galeguista), Belén Gomez (Turrismo), Marita Souto (Termalismo), Aurelio Gómez (Cultura), Ana María Villarino (Proxectos Europeos), Miguel Abad (Sanidade), Antonio Rodríguez Miranda (Emigración), Salvador Añel (Medio Rural), César Blanco (Formación), Celso Delgado (Infraestruturas), Luis Menor (Seguridade e Protección Civil), Carmen Carballo (Asuntos Xurídicos), José Antonio Armada (Deportes), Silvia Dorado (Relacións Institucionais), Belén Iglesias (Ensino), Susana Vázquez (Movementos Sociais), Mónica Abellás (Comercio e Autónomos), Teresa Barge (Medio Ambiente), e José Manuel Rodríguez (Redes Sociais).

Por último, os secretarios son Daniel Barata, Amelia Belmonte, María Luisa Valladares, Lucía Rodríguez, Josefina Carrera, Pepe Araújo, Antonio Mouriño, Gabriel Alén, Rubén Quintas, Emilio José Pazos; e os vocais Manuel Cabezas, María del Carmen Yáñez, Pilar Caride, Marta Rodríguez Vispo, María del Carmen González, Asunción Morgade, Cristina Francisco, Pilar Regueiro, Eloína Núñez, Antonio Montero, Manuel Prado, Esperanza Martín, María Dolores Calvo, María González, Enrique Nóvoa, María del Carmen Álvarez, Yolanda Barrio, Sabina Aguado, Patricia Torres, Susi Gómez, e Elena Álvarez.