O Cidade As Burgas perde contra Móstoles e esvaecense as opcións de entrar en Copa.

O Ourense Envialia aséntase na cuarta praza

O Ourense Envialia deu un pase adiante para lograr entrar en Copa. Contra Elche sumou tres puntos máis que o levan a afianzar a cuarta praza na Primeira División de fútbol sala.

E iso que as pupilas de Chipi estiveron a piques de tropezar diante do último clasificado. As ourensáns puxéronse por diante con dos goles de vantaxe, pero as visitantes lograron empatar o encontro. Foi no último minuto cando un penalti a favor das ourensás deulle a vitoria e os tres puntos. As albinegras son cuartas con 43 puntos, a catro das terceiras (Alcorcón) e catro máis que as quintas (Universidad de Alicante).

Cidade
Pola súa banda o Cidade perdeu case todas as opción de entrar en Copa trala derrota contra Móstoles. As ourensás empezaro adiantándose no marcador cun penalti transformado por Iria. Porén as locais lograron darlle a volta ao marcador e poñerse 4 a 1. Codeso, sen nada que perder, comezou a darlle minutos ás xogadoras menos habituais e a piques estivo de lograr algún punto. Ao final 4-3 que de nada lle vale ás franxiverdes e dan por perdida a loita pola cuarta praza. Agora son oitavas con 29 puntos a 13 dos postos de Copa.
Pola parte de arriba Futsi e Burela continúan coa súa pelexa particular. Os  dous equipos gañaron e as madrileñas manteñen a renda de dous puntos con respecto ás galegas.

Segunda División B
O Sala Ourense tan só puido sacar un punto na súa cancha diante do Xove. O resultado foi de empate a tres tantos. Os ourensán siguen décimo quintos, agora con 20 puntos.
O Pizarras Los Tres Cuñados escalou ata a quinta posición gracias ao seu triunfo na casa do Guardo por 5-9. Os valdeorreses teñen 36 puntos.