Esta segunda etapa da travesía, de 17 quilómetros, sairá da área recreativa de Pazos ás 17.30 horas.

A “VII Travesía de Mushing Camino de Santiago” percorre a Ecovía do Támega

O vindeiro día 24, a “VII Travesía de Mushing. Camino de Santiago. Vía de la Plata 2016” percorrerá a Ecovía do Támega o seu paso pola localidade de Verín, procedente da Gudiña.

Esta segunda etapa da travesía,  de 17 quilómetros, sairá da área recreativa de Pazos ás 17.30 horas. Os corredores percorrerán as excepcionais paraxes do  río Támega ao longo da Ecovía do Támega. O percorrido por esta vía permite coñecer a zona máis chaira dá Eurocidade nunha xornada, que alterna tramos urbanos e senda interurbana, pola marxe do río Támega.

Desde hai doce anos o club AGACETT (Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro) coordina esta ruta, pertencente ao circuíto estatal de mushing media distancia , que se realiza cada dous anos coa colaboración dos concellos polos que discorre a travesía. Nesta ocasión a ruta percorre, durante os días 24, 25, 26 e 27 de marzo, os concellos da Gudiña, Verín, Laza, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Ourense, Vedra e Santiago de Compostela, dividida en catro etapas.

O mushing, aínda que actualmente considérase un deporte, provén dunha tradicional forma de transporte nórdica caracterizada polo uso de cans de tiro e esquís que servía para desprazarse por superficies nevadas con rapidez. O termo provén dunha orde, en lingua francesa, de iniciar a marcha como «adiante», «a correr», «imos», para que o equipo empece a tirar. Na actualidade, o termo mush raramente se utiliza, pero ao corredor desta modalidade denomínaselle “musher”. Hai modalidade en neve e terra , sendo esta ultima máis extensa en España debido as escasas tempadas de neve no país. Dependendo do numero de cans, o musher utiliza un vehículo ou outro. As categorías de competición son as seguintes:  canicross, un corredor máis un ou dous cans, patín dun a tres cans, bikejoring dun a tres cans , triciclo de 3 a 6 cans e cuatrociclo de 6 a ilimitado.