Terán lugar este 1 de abril, de 18 a 19:30 horas, na biblioteca municipal.

Este venres 1 de abril, de 18 a 19.30 horas, a biblioteca municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Realizaranse contacontos e manualidades, neste caso unha fermosa flor en goma eva. Esta actividade, que estará coordinada por nenos voluntarios (de entre 10 e 17 anos) e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 413 624. Todos os usuarios poden informarse tanto na web da biblioteca e nas redes sociais.