Case un ano despois da chegada do Partido Popular ao goberno municipal non existen avances en materia de protección animal máis aló da propaganda institucional.

Ourense en Común critica a política municipal do Partido Popular en materia de protección animal: «levamos nove meses de corporación e o equipo de Jesús Vázquez permite espectáculos con animais incumprindo unha resolución plenaria, é incapaz de redactar unha ordenanza de protección animal, retrasa sen data o proxecto da canceira municipal e mantén o estado de abandono das colonias felinas que, especialmente no núcleo histórico, provocan un malestar cidadá e peor calidade de vida. É evidente que o Partido Popular non é unha organización que digamos amigable co mundo animal”.

Dende Ourense en Común demandan “menos novas en prensa e máis proxectos firmes que poder analizar. Menos xestos e máis certezas en definitiva”.