A primeira proba do campionato disputarase esta fin de semana na localidade lusa de Montalegre.

Preséntase en Ourense o Campionato do Mundo de Rallycross

Moita expectación na presentación en Ourense do Campionato do Mundo 2016 de Rallycross, cuxa primeira proba se disputa este 16 e 17 de abril no circuíto portugués de Montalegre.

Ducias de afeccionados ao mundo do motor achegáronse este xoves ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para ver e fotografar ao piloto norteamericano de Supercar Ken Block. Malia estrear coche (un Ford Focus RS),Block amosouse optimista en canto aos resultados a conseguir na cita do domingo, aínda que enfronte terá a rivais da talla de Sébastien Loeb ou Petter Solberg.

Todos eles correrán esta fin de semana a 70 km da nosa cidade no que está considerado como un dos mellores circuítos de Europa.