Asegura que defenderá os intereses locais desde unha política de sentido común e dando valor aos activos do municipio.

Marcos Ríos, novo presidente da xunta local do PP de Carballeda de Avia

O congreso local do Partido Popular en Carballeda de Avia elixiu este venres, co apoio do 100 % dos votos emitidos, a Marcos Ríos Alén como novo presidente da xunta local. Nado en Leiro en 1980, Ríos Alén pertence ao Partido Popular desde a súa maioría de idade e na actualidade é o voceiro dos populares de Carballeda de Avia na corporación municipal.

Logo da súa proclamación como novo presidente da xunta local, Marcos Ríos agradeceu o apoio dos seus e do PP ourensán engadindo que se sinte con forza e ilusión para afrontar esta nova etapa, “na que desexo facer o mellor equipo para gañar as próximas eleccións locais e que só dependa de nós formar o mellor goberno para o noso municipio”.

Marcos Ríos comprometeuse a defender o interés xeral de todos os veciños, “aplicando o sentido común, sen discriminacións partidistas e demostrando o que unha formación como o Partido Popular pode facer pola riqueza do noso municipio, apoiando ás empresas, aos emprendedores e aos proxectos que poñan en valor os activos do noso entorno”.

Na súa intervención, Baltar afirmou que coa elección da nova xunta local “estamos a dar un paso en firme para facer un partido forte que nos permita gañar o goberno de Carballeda de Avia en 2019”, subliñando neste sentido que “os gobernos, en calquera nivel institucional, nacen dos partidos e non ao revés, por iso é fundamental que contemos cunha formación sólida, cohesionada e traballadora na que os ourensáns vexan reflectido un goberno de futuro”.