Este sábado a penúltima xornada da Primeira división de fútbol sala nos trae un Ourense Envialia - Cidade As Burgas.

Envialia e Cidade vense as caras

O encontro terá lugar na cancha central dos Remedios a partir das 18 horas no que será a xornada número 29 de liga.

O Envialia xógase entrar na vindeira edición da Copa de España mentres que o Cidade o orgullo de lograla vitoria no derbi.

As albinegras necesitan un punto, ou que non sume os tres nesta xornada a Universidad de Alicante, para ter o billete para a Copa de España. As franxiverdes son oitavas e máis aló da sétima posición non poderán ascender.

A motivación para as de Codeso será as de vencer un novo derbi ligueiro e vingarse da final da Copa Xunta. Para as de Chipi, a isto, hai que engadir o que se están a xogar.

Burela
O Burela pode sentenciar a Liga se vence ao Ferrol e o Futsi non é capaz de dobregar ao Gironella na súa casa.