O Campus Ourense xogará este domingo o partido de volta da fase de ascenso contra o Gaztedi.

O ascenso xógase en Monterrei

O Campus Universitaria Ourense Coosur parte con vantaxe no partido de volta da semifinal da fase de ascenso á División de Honra B que está a disputar contra o conxunto vitoriano do Gaztedi. O partido de volta será o domingo 29 de maio no campo de Monterrei. O partido dará inicio ás 12 horas.

No partido de ida, que tivo lugar en Vitoria, o resultado foi de 12 a 14 para os ourensáns, ante do campión vasco.
O encontro foi moi intenso sendo os ourensáns os únicos que lograrían os dous ensaios do partido; o Gaztedi facía os seus puntos con catro lanzamentos a paos.

Foron os locais os que se adiantaban no marcador coa transformación do seu primeiro golpe de castigo (3-0). Pero un ensaio e unha transformación déronlle a volta ao marcador (3-7). Dous minutos máis tarde unha nova xogada de ensaio e transformación deixaba en clara vantaxe ao Campus (3-14).
Na segunda metade, un cadro local animado por unha bancada repleta faría tres novos ensaios que os achegaría no marcador (12-14), pero este xa non se movería.