Dende o PSOE reclaman que o alcalde castigue á veciñanza sen solucionar esta deficiencia por manifestar opinións contrarias á súa.

Os veciños de Marañís denuncian problemas de abastecemento

Dende o Partido Socialista veñen de facer público que na aldea de Marañís levan a meirande parte do inverno e da primavera sen auga da traída. Un pozo particular vai mitigando as necesidades dos veciñs. “Cada dous por tres teñen que estar chamando ó alcalde para que mande ós traballadores do concello a solucionar os problemas que tén a rede de abastecemento que trae a auga ó pobo. Hai auga no manatial pero non chega en cantidade suficiente ó pobo para satisfacer as necesidades da veciñanza”, explican os socialistas. Ata hai mes e medio a situación víñase repetindo cada certo tempo, pero coa celebración do 1º Ralli Mix de Piñor, que atravesou o pobo e deixou aos veciños incomunicados durante a fin de semana, foron numerosos os escritos de queixas que remitiron ao Concello e aos medios de comunicación.

De seguido, cando volveu producirse falta de auga, segundo denuncian dende o PSOE, o rexedor consteoulles  “que a agua non era cousa do concello e que se tiñan que arreglar eles mesmos posto que tamén tiñan tempo para criticar e mandar escritos.” “Coñécese que o alcalde non leva ben que a xente se queixe e teña opinión diferentes ás súas”, reclaman os socialistas, que lle esixen ademais ao alcalde que arranxe o antes posible os problemas da traída de auga de Marañís. “Sería convinte que non esquecese que estamos nun sistema democrático e que el é un representante público e non un caudillo”, conclúen.