Iniciativa do Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María a Real.

Cinco dos 25 participantes na Lanzadeira de Emprego atoparon xa traballo

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e a técnica do programa Lanzadeiras da Fundación Santa María a Real, Marta Prieto, coñeceron este mércores o equipo de mozos que integran a Lanzadeira de Emprego de Ourense, a primeira destas características que se desenvolve na nosa Comunidade.

A Lanzadeira comezou a funcionar no mes de abril cun grupo de 25 mozos de entre 23 e 34 anos con perfís formativos moi diferentes pero cun mesmo obxectivo: axudarse a atopar traballo. Cinco deles xa o conseguiron, e os seus promotores agardan que ata o seu remate en setembro, se alcalnce a media de inserción laboral das lanzadeiras de emprego, «entre un 60 o 70%» precisaba Prieto. Unha cifra «bastante significativa si la comparamos con programas análogos», valoraba a directora de Telefónica en Galicia, quen resaltaba que «este tipo de iniciativas hoy en día son necesarias para poder ayudar a loos desempregados?.

O alcalde de Ourense, pola súa banda, resaltaba o «pioneiro» deste proxecto, que pon o foco en ensinar «novos modos na busca de emprego, novas metodoloxías para que a xente crea en se mesma e poida, a partir dás súas capacidades, atopar traballo». Nesa liña, comentaba a técnica que xestiona a Lanzadeira, Lidia Enrich, «durante estos primeros días hemos llevado a cabo sesiones grupales y dinámicas para cohesionar el equipo, hemos desarrollado talleres de autoconocimiento y comunicación para elaborar planes estratégicos individuales y de la lanzadera. Igualmente, hemos trabajado para conocer nuevas herramientas de mejora de la empleabilidad, mejora de las competencias informáticas y digitales y adaptación al nuevo mercado laboral». No que resta de programa os participantes reforzarán os seus contactos con empresas, reclutadores e responsables de Recursos Humanos.

En xeral, a valoración por parte dos participantes é positiva. Un deles, Andrés Nespereira, destacaba que «anímache realmente a saír adiante porque moitas veces parar non sabemos por onde ir». Outra, Loreto Pérez, considerábaa unha «experiencia muy enriquecedora», que no seu caso lle serviu para saír da súa contorna familiar e abrirse a un ambiente laboral e buscar «nuevas oportunidades». Santiago Fernández, un mozo con discapacidade intelectual que prepara oposicións, resaltaba tanto «la forma de trabajar» como que está «aprendiendo muchas cosas, como Linkedln o preparar currículums?.

A Lanzadeira de Emprego de Ourense é unha iniciativa do Concello de Ourense e as fundacións Telefónica e Santa María a Real que se financia con fondos europeos.