A voceira popular, Luz Doporto, subliña a perigosidade do tramo do vial en Outeiro de Orraca.

Satisfacción no PP alaricano pola licitación dunha senda peonil na OU-320

A voceira do Partido Popular de Allariz, Luz Doporto, vén de amosar a súa satisfacción polo anuncio da licitación dunha senda peonil na estrada OU-320, na localidade de Outeiro de Orraca, “que garantirá a seguridade dos veciños que teñen que transitar por esta zona, ata o de agora sen beirarrúas para os peóns”. Doporto lembra que “estamos a falar dun proxecto que xa afora comprometido polo anterior conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e polo loitou sen descanso o PP de Allariz”.

A obra, licitada pola Axencia Galega de Infraestruturas, afecta a un tramo de preto de dous quilómetros de estrada e suporá un investimento de case que 290.000 euros, cun prazo de execución de catro meses.

Para Luz Doporto, o anuncio da licitación demostra que a Xunta de Galicia cumpriu co compromiso adquirido co Partido Popular de Allariz, maila os retrasos acumulados por problemas técnicos, que obrigaron á redacción dun novo proxecto, e os axustes orzamentarios como consecuencia da crise.

A voceira popular de Allariz subliñou que o compromiso da súa formación con esta obra foi total dende o primeiro momento por se tratar dun tramo moi perigoso, “aínda máis se cabe dende que o Concello levou a cabo recortes no servizo de alumeado público nesta zona, ata tal punto que transitar de noite por Outeiro é una temeridade, sobre todo xunto a un lugar de reunión vecinal como é o centro social, onde tampouco hai luz”.

Grazas a esta nova obra, engadiu, os peóns que transiten pola OU-320 estarán moito máis seguros, xa que o tramo de Guntín xa se executou o pasado ano.