A UD Ourense busca empresas colaboradoras a través das redes sociais.

A UDO lanza a Operación Retorno

Operación Retorno é o nome desta idea que xurde para buscar patrocinadores para o club. Para cada  negocio  hai tres posibles modos de apoiar.

O modo colaboración. Por 20 euros o club da unha pegatina para que poñan no establecemento indicando que é unha empresa colaboradora, un póster, e unha bufanda ou  banderín.
O modo siareiro. O establecemento da 50 euros e o club entrégalle unha pegatina co lema «siareiro U.D. Ourense» máis un carné para a tempada 16/17 a nome do establecemento.
E a modalidade Ouro. Por 100 euros a empresa levarase unha pegatina co lema «establecemento Ouro», unha  bufanda, un carné da nova tempada a nome do local e publicidade na web do club con ligazón á páxina da empresa ou establecemento. Na web podería anunciar ou ofertar o que estimen oportuno.

Desde o club pretenden acadar novas fontes de ingresos a través de establecementos colaboradores. 1.200 socios e familiares son os clientes potenciais que o club ten para os posibles anunciantes.

Novidade
A novidade deste ano é que esta xestión -de colaborar co club- pódese facer online. Isto pode ir destinado a algunha empresa de fóra da cidade que queira aportar o seu gran de area ao club. Desde a web do club pódese facer colaborador e o club encargaríase de enviarlle o material que se corresponde según a modalidade de axuda á que se acolla.