O Correndo por Ourense regresa este domingo 26 de xuño.

A terceira, no Centro

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chega este domingo á súa terceira carreira deste ano, que percorrerá as rúas do centro da cidade, coa celebración da proba do Corpus.

Os incritos crecen pouco a pouco en cada carreira e xa achéganse aos 1.500.
A carreira deste domingo sairá da rúa do Paseo, e percorrerá as rúas Concello, Xoán XXIII, Progreso, Av. de Pontevedra e Lamas Carvajal, para rematar de novo no Paseo. A saída será ás 12:00h na categoría pitufos, 12:10 (benxamín, alevín), e ás 12:15h (infantil e cadete). Ás 12:30h será a saída para xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos.

Setembro
Tras esta carreira o “Correndo por Ourense” parará ata setembro cando se reanude con dous novas carreiras: a da Ponte (4 de setembro) e a das Lagoas (25 de setembro). Rematará esta edición coa da Carballeira o 23 de outubro.
O prazo de inscrición ábrese ao luns seguinte de cada carreira. Máis info en www.deportesourense.com