38 clubes de toda España participaron na concentración moturística de Trives

Esta fin de semana celebrouse en Trives a XII+I Concentración Mototurística, organizada polo Motoclub Os Esquíos de Trives.

A programación incluía xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, animacións, música, entregas de premios e agasallos, unha ruta de bengalas como homenaxe aos compañeiros caídos nas estradas, exhibicións acrobáticas a cargo de Paulo Martinho que este ano presentou como novidade un espectáculo con Ferrari.

Desde a organización consideran un éxito esta concentración, na que tiveron record de asistencia: participaron 38 motoclubes (o máis lonxano desprazouse desde Tarragona). Trives estivo abarrotado de moteiros toda a fin de semana. O ambiente foi espectacular, moi familiar, todo o mundo quedou encantado. Non houbo incidencias negativas.

Desde a organización, o Motoclub Os Esquios de Trives  agradecen tanto aos motoclubes como ás persoas que se achegaron ata alí a súa asistencia e participación, e emprázanos para a vindeira, a número 14, o próximo ano.