O vindeiro luns a Asociación Xuvenil Amencer en colaboración co Club Ourensán de Volei “As Burgas” e o servizo de deportes do Campus de Ourense poñen en marcha as V Mañás lúdico-deportivas.

A asociación xuvenil pon en marcha un ano máis este proxecto que xurdiu como un campamento para a iniciación de distintas disciplinas deportivas (volei e baile moderno) dende unha alternativa lúdica. Desenvolverase dende o luns 18 ata o venres 22 de xullo. Os horarios serán de 10 a 13.30 horas dispoñendo dun servicio de gardería e comedor que vai dende ás 09 h ata ás 15 horas.

O lugar onde se desenvolverán as actividades será no Pavillón de Deportes do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Os obxectivos que se marcan os organizadores con este proxecto son educar en valores a través do deporte, dar unha alternativa as familias que traballan, propoñer unha alternativa de ocio no complexo deportivo de ocio aproveitando piscina, instalacións deportivas e zonas de recreo e iniciar no volei e no baile moderno. Levaranse a cabo durante estes días serán xincanas, grandes xogos, piscina, obradoiros, etc., entre outros.

O prezo do campamento é de 40 euros, sendo 35 euros para irmáns ou socios de Amencer e do Club Ourense de Volei «As Burgas».