O presidente da Unión Deportiva Ourense, Modesto García queixase da "discriminación" que sufre o club.

Sen instalacións para adestrar

Dous anos de vida da UD Ourense e cada tempada o mesmo problema: falta de instalacións para adestrar os seus equipos.

Salesianos, que é o lugar habitual da preparación do primeiro equipo masculino, este ano está inoperable durante o mes de agosto. Por iso tiveron que adestrar no Campus de Ourense.

Problema
O problema chega esta semana cando teñen que adestrar en medio campo da instalación universitaria compartindoo co equipo feminino.

Desde o club non se explican por que lles poñen estas trabas coas instalacións municipais. Ademais, García denuncia que non lles deixen adestrar nos Remedios ou en Oira, «creo que hai un veto para adestrar en Oira». Esta declaración a realizaba ao saber que este xoves o Ourense C.F. xoga un partido no Couto e que a Carballeira (outro equipo que adestra en Oira) non ten previsto sesión preparatoria algunha.

Tamén desde o a entidade franxivermella queixanse de que calquera equipo novo doutros clubs «ten preferencia de campo sobre calquera equipo da UDO», apuntaba o presidente.

Modesto García apuntaba que a UD Ourense é o «único club da cidade que ten que pagar unhas instalacións privadas».