O Circuíto Correndo por Ourense chega este domingo á súa cuarta carreira deste ano, que percorrerá a zona universitaria.

Regresa o Correndo por Ourense

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense chegará este domingo, 4 de setembro, á súa cuarta carreira deste ano, que percorrerá a zona universitaria, aberta á participación de persoas de todas as idades que queiran desfrutar do deporte de xeito lúdico ou competitivo percorrendo as rúas da cidade.

1.348 persoas están inscritas xa para participar na carreira e no circuíto. O prazo para participar nesta carreira rematará este mércores, na web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com. O prazo para as seguintes carreiras vólvese abrir o luns seguinte a cada proba.

A carreira deste domingo sairá da pista de atletismo do campus universitario, e continuará polo campus (zona sur-este), Casarellas, Bamio, Rabaza, Mende, Ponte Lonia, Villaamil e Castro, Campus universitario (norte) e Pista de atletismo.

A saída será ás 12,00h: para os pitufos, 12,10h para benxamín e  alevín, 12,15h para infantil e cadete e 12,30h para xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos

A Ponte
Tras esta carreira, o circuíto regresará o domingo, 25 de setembro, coa carreira da Ponte. E o domingo, 23 de outubro, a carreira da Carballeira poñendo o punto e final a esta sexta edición.

“Correndo por Ourense” está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.