A Policía Local precintou parte dunha zona verde por desprendementos do muro de pedra.

A AVV As Termas solicitará melloras nos espazos públicos da contorna da Estación de Autobuses

Este luns a Asociación Veciñal As Termas, situada nas Vivendas Sociais ao carón da Estación de Autobuses, presentou no rexistro do Concello a petición de diversas melloras de mantemento no entorno, beirarrúas, zonas verdes, iluminación. Un exemplo é a zona verde que tivo que precintar a Policía Local polos desprendementos de pedras dun muro.

Motivos polos cales dende a Asociación, a través do seu presidente Ángel Gómez, des-tacan: “vanse a realizar nos próximos meses varias asambleas abertas para falar das necesidades do barrio e priorizar as actuacións e melloras que fan falta de cara aos próximos anos. Serán as veciñas e veciños quen debatan e voten as prioridades da zona para trasla-darllas dende a asociación as administracións que correspondan.”