Festival Solidario, Real Filharmonía de Galicia, programa Apego, Cándido Pazo e Quico Cadaval, nos escenarios ourensáns.

Música, humor e teatro forman parte dunha intensa semana cultural

Festival solidario, Real Filharmonía, teatro infantil, “Contos na lareira”, e Festival Internacional de Teatro forman a oferta de actividades culturais desta semana na cidade. Ás artes escénicas súmanse as plásticas, coas exposicións que acollen tres espazos da cidade: Museo Municipal, sala Valente e Afundación, adicadas ao pintor ourensán Prego de Oliver.

Comezarán o xoves, 6 de outubro,ás 20:30 horas no Auditorio, co festival Bailemos todos, xira solidaria Anasbabi 2016.

Tamén o xoves, ás 20:30h, no Teatro Principal, inicio da nova tempada do ciclo Enclave de Cámara, coa actuación da Real Filharmonía de Galicia.

O venres, 7, ás 18 horas, no Auditorio será a quenda dos máis cativos, con teatro para bebés, dentro do programa Apego. Será coa obra “Redondo” para nenos de ata 4 anos.

Ese mesmo día comezará a novena edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, FITO- ata o 19 de outubro. O Teatro Principal, o Auditorio e o Campus acollerán os espectáculos que las 12 compañías galegas, españolas e internacionais teñen preparados para este certame.

A primeira cita, o venres, 7, será ás 20’30h no Teatro Principal, coa actuación da compañía: Companyia Pelmànec, que lebvará á escea a obra “El avaro”.

Programación infantil e exposicións

A programación infantil volverá ao Auditorio para a súa habitual cita dos domingos ás 12h. Será cobra obra “Carapuchiña no faiado” Flora é unha actriz que sobe ao faiado para facer unha limpeza xeral…en cada recuncho agárdanlle moitas sorpresas. Cando no vello baúl atopa a Carapuchiña Vermella comeza o xogo… Para nenos de máis de 3 anos.

E para rematar a semana, o domingo, ás 19:00h, no Auditorio, Contos na lareira, de Rababiero Promociones.

Así mesmo, a oferta cultural da cidade complétase coas exposicións organizadas con motivo do centenario do pintor ourensán Prego de Oliver. A sala Valente acolle a mostra ‘Prego de Oliver e a captación do eterno. O óleo como materialización da súa plástica’; a sede de Afundación, ‘Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do bosquexo á obra gráfica’; e o Museo Municipal ‘O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita’.