Trátase do parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío.

As forzas de seguridade intensificarán a vixiancia nas zonas máis demandadas polos veciños

As forzas e corpos de seguridade intensificarán e coordinarán a vixiancia que xa veñen realizando con regularidade en zonas nas que se rexistran queixas reiteradas por parte dos veciños da cidade.

Así quedou de manifesto nunha reunión mantida a petición da  Alcaldía, na que estiveron presentes o  alcalde, Jesús Vázquez; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; o comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Antonio Álvarez Valencia; a intendente xefe da Policía Local, María Barrera; e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.

Neste encontro de traballo fixáronse tres zonas de especial interese para intensificar esa vixiancia, dadas as queixas veciñais transmitidas: o parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío. Ademais, tamén se avaliaron as actuacións levadas a cabo nestas zonas, así como as chamadas de veciños recibidas ao respecto.

Aparte de fixar esta coordinación e intensificar a vixiancia, na reunión tamén se estableceu que esta reunión producirase cada mes para avaliar a evolución da mesma.