Están dirixidos a público de 3 a 18 anos de idade.

A Concellería de Educación vén de presentar a súa programación educativa para o curso 2016-2017 na sala Valente perante os directores dos centros educativos e representantes das Anpas da cidade. Encabezados pola concelleira, Belén Iglesias, os coordinadores dos programas educativos debullaron 14 programas para alumnos e alumnas de 3 a 18 anos de todos os centros de ensino da cidade.

Novidades

Entre as novidades deste ano atopamos o programa “Medioambiente e saúde”, “Coñece a túa cidade” (con visitas á Deputación e Centro Cultural Marcos Valcárcel) ou “Artes escénicas na escola”; obradoiros de animación á lectura e educación viaria (estes últimos inclúen visitas á Policía Local); saídas didácticas aos polígonos de Pereiro e San Cibrao; visitas a exposicións; tertulias literarias para castelán e galego; retomarase o “Camiño escolar”; e ofertaranse diversos cursos para o profesorado.

Así mesmo, inclúen actividades de aprendizaxe e ocio para as vacacións de Nadal.