O derbi ourensán da Primeira división de fútbol sala terá lugar o sábado ás 18:30 horas na central dos Remedios.

Ourense prepárase para un novo Envialia – Cidade

Chega o primeiro derbi do ano entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas. O encontro da décima xornada disputase este sábado a partir das 18:30 horas na cancha central dos Remedios.

Nun derbi pode ocurrir calqueira cousa e non hai favoritos; son casos nos que a clasificación ou a dinámica dun e outro equipo pouco importa. A pesar diso, o partido chega no momento en que o Envialia vén de colleitar a primeira derrota da tempada (na pista do Burela por un gol a cero), mentres que o Cidade leva catro triunfos consecutivos (UCAM, Rubí, Rioja e Poio).

Ourense Envialia
As pupilas de Chipi comezaron moi ben a tempada, pero a velocidade de cruceiro do Futsi fai impensable pensar en poder loitar polo titulo. O que si quere o seu adestrador é mellorar o quinto posto do ano pasado. Para iso, partidos coma iste son importantes para sumar puntos se quere pelexar polos postos de arriba.

Cidade das Burgas
O Cidade é un equipo que moitos pensaban que a marcha de Vanessa Sotelo e Lucía Nespereira íase notar demasiado e que pasarían por moitos apuros. O transcorrir das xornadas está a quitar a razón (entre os que me inclúo) a quen cría que o seu opbxectivo sería loitar pola permanencia.

Clasificación
Coas cuatro vitorias consecutivas das franxiverdes e a derrota das albinegras a clasificación queda, na quinta posición o Envialia con 18 puntos e xusto detrás o Cidade con 15.

Festa do deporte
Emoción para un partido que nunca deixa indiferente e que desde os dous bandos piden que sexa unha festa tanto dentro coma fóra do terreo de xogo. Os dous equipos piden cordura e que se rebaixe a tensión do último partido disputado entre ambos na fina da Copa Xunta.

Paga a pena facerlles caso e gozar dun espectáculo do que poucas cidades poden presumir.