A Unión Deportiva Ourense venceu no Couto ao Peroxa por un solitario gol de Unai.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

UD Ourense - A Peroxa. RAMSÉS.

Nas últimas semanas á UD Ourense estalle costando sacar os partidos adiante. Nesta ocasión non foi menos e os homes de Antonio Dacosta realizaron un dos peores encontros desta tempada. Aínda así os unionistas están a sumar de tres en tres o que lles permite loitar de ti a ti co Bande, próximo rival dos ourensáns.

Contra A Peroxa o encontro estivo falto de ritmo e case sen ocasión para un e outro equipo. Os locais non tiveron a posesión do balón o tempo que acostuman a tela e os visitantes tampouco souperon aproveitarse delo.

Na primera metade apenas apareceron os porteiros salvo nunha ocasión no que o visitante se tivo que emplear para repeler o disparo de Xaco. Lucas Sierra foi máis testimonial todavía e as súas intervencións foron nos lanzamentos de portaría.

No segundo tempo máis do mesmo. Sen historia os minutos pasaban mentres o tedio instalabase na grada do Couto. E nestas apareceu Unai. Á saída dun saque de esquina controlou o balón na área visitante e cun forte forte disparo aloxaba o esférico na rede da portaría rival. 1-0 e os afeccionados comezaban a respirar.

A Peroxa buscou con máis corazón que cabeza o empate, o que lle valeu un par de disgustos en forma de contras dos unionistas. Porén a tarde non estaba para máis florituras e mellor que puido suceder foi que o árbitro decretara o final do partido. 1-0 e tres puntos para o Ourense antes de visitar ao líder, Bande.