O Club Ourense Baloncesto xoga este domingo na cancha do filial do FC Barcelona.

O Barça B, rival do COB

O partido, correspondente á xornada número 10 da LEB Ouro, será no Joan Gamper o domingo ás 19 horas.

Despois do varapao da derrota da pasada xornada diante do Araberri toca mirar cara adiante para buscar unha vitoria que faga olvidar a decepción do último partido.

Gonzalo García de Vitoria, técnico do COB consider vital recuperar a competitividade que os levou a acadar cinco vitorias e que non tiveron diante de Araberri.

Para García, o Barça B e un «equipo xoven e talentoso con xogadores que evolucionan cada semana», ademais conta con Jordi Trias «un xogador doutra categoría» aseguraba o técnico cobista.

Se o COB leva cinco vitorias, os cataláns suman soamente dúas. Un conxunto incómodo co que xogar pero que o seu arranque na competición fai pensar que a vitorias dos de García de Vitoria é posible.

Mes de novembro
No tan temido mes de novembro os ourensáns levan disputados tres encontros (dúas vitorias e unha derrota) e fáltalles outros tantos encontro. Dous deles fóra do Pazo Paco Paz (o deste domingo diante do Barça B e contra Huesta) e pecharán o mes no Pazo, o martes 29 de novembro diante do Rioja.

Esas dúas vitorias fan que o mes esté indo moi ben, á falta de rubricalo con, alomenos, unha ou dúas vitorias máis.