As colexialas venceron no seu feudo por 65 a 54.

Vitoria do Carmelitas diante do Campus

O primeira partido de Liga da Primeira división autonómico deparou un Carmelitas contra Campus Ourense.

O partido viña precedido polos dous enfrontamente na Copa con vitorias, nas dúas ocasións, para as universitarias. Porén no partido da primeira xornada foi distinto. O Carmelitas que xogaba como local foi superior a un Carmelitas que tirou de raza nos últimos minuto, pero que nada puido facer.

O centenar de afeccionados que presenciaron o partido veron como as locais tomaron vantaxe desde o principio. As universitarias non se renderían e lograron irse a vestiarios a sete puntos das colexialas (32-25).

No terceiro cuarto Carmelitas cimentou a súa vitoria. As xogadoras locais, moi acertadas no tiro libre, foi estirando a difenrenza ata os 16 puntos.

No último cuarto o Campus o tentou cunha presión en todo campo que por momentos se lle atragantou ao Carmelitas. Pero foron pasando os minutos e con eles as opción das visitantes de darlle a volta ao marcador. Finalmente a vitoria quedaríase na casa.

O Carmelitas suma a súa primeira vitoria do curso. O Universitario Campus deberá agardar, alomenos, una semana máis.

Vindeira xornada
Debido aos festivos a xornada número 2 dispútase en varios días. O Campus recibe o domingo 4 ao Arxil (17 horas, Campus Universitario), mentres que o Carmelitas xogará sábado 10 contra o Mesón A Vila.