O pasado domingo día 27 de novembro disputouse a V Copa Deputación de Kungfu, no Pazo dous Deportes Paco Paz.

O kung fu celebrou a Copa Deputación

A quinta edición da Copa Deputación de kung fu estivo organizado polo club «Escolas Deportivas Artai» e a Federación Galega de Kung fu.

Participaron máis de 120 practicantes de Artes Marciais Chinesas nas distintas modalidades, facendo deste evento unha festa do Kungfu galego.
O evento estivo dividido en dous partes, exhibicións e competición de combate.

Exhibicións
Realizáronse dous talleres de exhibición: un de kungfu infantil e outro de taolu (formas).
No primeiro, preto de 70 rapaces (de entre 12 e 14 anos) executaron distintas técnicas de patadas, posicións e defensa persoal de kungfu.No de talou (formas) de competición, 20 rapaces  (de 12 a 18 anos) executaron un quecemento estándar internacional de competición e rutinas de competición internacional (con e sen armas).

En canto ás exhibicións foron dúas. A de qigong, con preto de 40 persoas, de entre 55 e 75 anos, que realizaron series de execución qigong (exercicios de enerxía china. A outra exhibición foi a de tai chi, na que 10 alumnos fixeron a rutina internacional de 24 movementos de estilo Yang de tai chi.

Combates
No apartado de combates foron 12 os que se realizaron de dúas modalidades distintas. Qingda (combate con contacto controlado) e Kungfu Combat (combate a pleno contacto).