Esta iniciativa pioneira na cidade contou coa participación de 48 emprendedores de Ourense e 23 actividades paralelas para enriquecer a oferta de lecer de Nadal.

25.000 visitantes pasaron polo primeiro pOpUp Market de Nadal de Ourense

Máis de 25.000 visitantes converteron o primeiro pOpUp Market de Nadal de Ourense nunha das actividades máis exitosas das festas na cidade.

A primeira edición do pOpUp Market de Nadal do Concello de Ourense a través da Concellería de Xuventude (21 a 24 de decembro) converteuse nunha das actividades máis participativas e exitosas das festas de Nadal na cidade, tras recibir a visita de máis de 25.000 persoas ao longo dos catro días.

O innovador mercado de Nadal deu a oportunidade a 48 emprendedores ourensáns de promocionar e comercializar os seus produtos, achegou ao público ourensán concertos, obradoiros, charlas e outras actividades para nenos e adultos nunha experiencia pioneira que enriqueceu a oferta de lecer da cidade durante as festas de Nadal.

O espazo utilizado foi unha carpa transparente en formato iglú cunha superficie total de máis de 1.000 metros cadrados, instalada no paseo central da Alameda, que o converte no mercado navideño en formato pop up store máis grande levado a cabo en Galicia ata o momento.

Actividades paralelas
Entre as 23 actividades paralelas cabe destacar o programa «EUREKA! Eu emprendo”, os obradoiros infantís educativos durante a mañá e a tarde dos 4 días (algún deles tan espectacular, como a reprodución en tamaño xigante das Burgas, e os 6 concertos de grupos ou artistas de Ourense: En Mala hora, Connectica, McCarballo Band, Hombre-p, The Super Aphonics e The Tetas’ Van.