Este premio de promoción de localidade ourensá está dotado cun importe de 1.000 euros.

O premio “Este Nadal merca en Verín”, para Miguel Vega

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín» entregouse mediante un sorteo presencial durante a Gala Máxiva de Aever celebrada no Pavillón Municipal.

No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros.

O gañador, Miguel Vega Vega, poderá poderá gozar do seu premio realizando compras por un importe de 1.000  euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Na Gala Máxica de Aever estiveron presentes o o presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez; o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; o  alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a responsable da cámara de comercio en Verín, Susana Boo.

A gala contou coa participación de centos de nenos e nenas que gozaron dunha divertida xornada de actuacións de maxia da man dos artistas Mago Xacobe e Magomimo Anyo.

Concurso de Escaparates de Verín 2016
No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2016.

O primeiro premio, dotado con 150 euros, foi para Aquaerea; o segundo (100 euros), para Ángela Moda e o terceiro (50 euros) para Chiqui Moda Infantil.
No concurso participaron 40 establecementos comerciais.