Estará aberto ata o 21 de febreiro ás 19:30 horas.

O Entroido de Verín abre o prazo de inscricións de carrozas e comparsas

O Concello de Verín vén de abrir prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. O prazo de inscricións ten como data tope o martes 21 de febreiro ás 19:30 horas.

A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización. Aquelas comparsas ou carrozas que non se apunten dentro do prazo de inscripción e se presenten no comezo do desfile irán colocadas ao final do mesmo.

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística e sala de exposicións de Verín para facer efectiva as súas proposta.

Os horarios dos desfiles serán os seguintes:
– Saída do desfile do domingo ás 12:15 horas.
– Saída do desfile do martes ás 16:30 horas.

A comparsa ou carroza que participen no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a Organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix:

Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525, chegando ata a Rotonda da Casa do escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. É Importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera.

Xantar
O Domingo de piñata poderán participar na comida que se realiza este día, (previo pago) unicamente os participantes que se inscriban previamente para o desfile. Os Tíckets para dita comida recolleranse no restaurante no que se fará o xantar.