O Grupo Rebulir participa este verán nunha xira que os levará este verán por diferentes puntos de España, Andorra e Francia.

Rebulir, de xira por Europa

Aínda que remataron as labores docentes en Rebulir, a actividade desta asociación non para no verán, xa que o seu grupo oficial está a preparar unha Gala titulada “O Cantar do Arriero” que será levada ao Palau Nacional de Andorra o día 20 de Xullo, para logo continuar con actuacións en diferentes festivais en Toulousse e Tyrosse (Francia) entre os días 19 e 23 de Xullo. Tamén participarán no encontro estatal de folclore que terá lugar en Astorga (León) o día 27 de Agosto. E para finalizar o verán, desprazaranse para participar unha vez máis no Festival Nacional de Folclore de Móstoles (Madrid) entre os días 22 e 24 de Setembro.

Despois de visitar no pasado verán Portugal, Austria e Hungria este colectivo ourensán representará de novo a tradición ourensá, e por ende galega, alén das nosas fronteiras. Nestes intercambios culturais establécese o cerne do FIR (Festival Internacional Rebulir), referente na programación lúdico cultural do mes de Decembro.

Non se pode obviar as festas e romerías nas que o Grupo de Música Tradicional Rebulir terá presenza por toda a Provincia, e mesmo fora dela. Con todo, será un verán intenso nesta asociación ramirense, que unha vez máis afronta a tempada estival cunha axenda cargada de compromisos.

“O Cantar do Arrieiro”
“O Cantar do Arrieiro es un espectaculo que combina baile y música tradicional gallega con una cuidada puesta en escena donde se narra la vida de un arrieiro que sale de Ribadavia (Ourense) para llevar vino y uvas a diferentes puntos de la Geografía gallega.